jueves, 11 de abril de 2013

Botando de menos aos meus compañeiros

Venres día 5:

Os meus compañeiros xa marcharan e eu quedei na clase con Ismael e Lucía González. A clase non era o  mesmo, e a de galego fixo máis aburrida a clase, porque estaba decidida a dar clase ainda que só estivésemos tres persoas.

Luns día 8:

Quedei na casa porque me encontrei mal. Decidín chamar aos meus compañeiros pero Belén dixome que estaban en Portaventura e que me chamaban a noitiña.
Eu quedei contenta porque me ían chamar e estiven toda a tarde agardando a chamada con ilusión.
Esa chamada nunca chegou. Quedei moi triste, pero entendín que estarían disfrutando da viaxe e non terían tempo para chamarme.
Martes día 9:

Lucía González  e mais eu decidimos ir a clase porque pensamos que Ismael ía asistir a clases pero o señorito quedou na casa a durmir. Eu ao final non o pasei tan mal porque estiven con Amparo facendo un experimento no laboratorio, e a verdade con Amparo é moi difícil aburrirse.
Lucía e mais eu decidimos que o mércores non iríamos ao colexio e non lle ibamos contar nada a Ismael para  fastidialo, pero ao final dixémoslle a nai que lle dixera a Ismael que non fose ao colexio.

Mércores día 10:

Quedei na casa  a facer bocetos do traballo de tecnoloxía para comezar a facer o proxecto.

Xoves día 11:

Estaba moi emocionada porque sabía que hoxe ía ver aos meus compañeiros. Cando os vin, o primeiro no que me fixei foi na alegria que sentían por ir de viaxe e na tristeza que tiñan de volver.
Sei que no fondo se alegran de estar aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario